miércoles. 09.07.2025

Asilival convoca unha concentración diante do Hospital Público de Valdeorras para reclamar atención pneumolóxica diaria

somoscomarca_20250529_obarco_hospital_concentracion_asilival393

A Asociación ASILIVAL anunciou a convocatoria dunha concentración que terá lugar o xoves 26 de xuño de 2025, ás 10:30 horas, diante do Hospital Público de Valdeorras. O obxectivo é informar á cidadanía e aos seus afiliados sobre as actuacións realizadas desde a última asemblea celebrada no Teatro Lauro Olmo, así como explicar a posición actual da administración respecto ás súas demandas.

Desde ASILIVAL insisten en que non renuncian a lograr unha consulta diaria de pneumoloxía no hospital comarcal. Ademais, consideran que esta medida debe ser o punto de partida para abrir un proceso de negociación que leve á creación dun servizo de pneumoloxía estable e axeitado ás necesidades da comarca.

Segundo a asociación de afectados pola silicose, «Valdeorras presenta unha alta incidencia de casos», polo que reclama estudos de prevaleza actualizados que permitan dimensionar adecuadamente o servizo.

Con esta acción, ASILIVAL busca visibilizar unha problemática sanitaria que consideran urxente e que afecta de maneira directa á saúde laboral e á calidade asistencial da poboación da zona.

Asilival convoca unha concentración diante do Hospital Público de Valdeorras para...