
As Xuventudes Socialistas Galegas presentaron no Barco a campaña «Faino con Pedro en Valdeorras»

como protagonista as XSG animaron a mocidade a unirse ao proxecto de Pedro
Sánchez
Con un pouco de retraso sobre a hora prevista as 19:30 horas e con pouco marxe de tempo —as 20:00 o PSdeG-PSOE organizaba un acto de partido no que se presentaban ós candidatos ás alcaldías de Valdeorras e Viana do Bolo—, as Xuventudes Socialistas do Barco animaron aos que pasaban polo Malecón a unirse o seu proxecto, «que o fagan con Pedro Sánchez e que se sumen ao proxecto socialista para combater as políticas cavernarias e trasnoitadas da dereita mas rancia deste país”.
O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, o secretario xeral das Xuventudes Socialistas Galegas O Barco (XSG), Adrián Borrajo, e coordinador comarcal do PSdeG-PSOE e tenente alcalde do Concello, Aurentino Alonso, estiveron apoiando este acto de partido no paseo do Malecón do Barco.
Xogando cos símiles eróticos do colchón Adrián Borrajo manifestou que: «En Valdeorras vamos necesitar un colchón moito máis grande, porque aquí ímolo facer todos e todas con Pedro, isto vai ser unha orxía electoral que nos producirá o mellor dos orgasmos democráticos».
Adrian Bouza explicou que existían no seu partido non se seguirá o modelo «que se manifesta en contra dos dereitos das persoas,e das mulleres» senon que se aposta por «unha España na que cabemos todos e todas, inclusiva, progresista, feminista e na que a mocidade sexa o punto fundamental das políticas do Goberno».
Borrajo fixo referencia a adxudicación da circunvalación do Barco neste meses no que Sánchez presidiu o Goberno e pediu o voto a mocidade de Valdeorras o próximo 28 de abril «para frear a dereita, machista e reaccionaria de Colón, o fagan con Pedro por Valdeorras e o noso pais»
Ademais, o
secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, aproveitou para recalcar que « hoxe
recibimos dúas boas novas, por unha banda o Consello de Ministros aprobou o
Plan de Retorno Xuvenil, que contará con 50 medidas específicas e unha dotación
de 24 millóns de euros que permitirá que 20.000 mozos e mozas regresen ao noso
país tras ser expulsados polas políticas do Partido Popular. E por outra, hoxe
publicouse no BOE a retirada de utilidade pública á asociación, machista,
fascista, tránsfoba e racista “Hazte Oir”».