viernes. 29.03.2024

O alcalde do Barco, Alfredo García, considera «unha gran noticia» a aprobación, por parte do Consejo de Ministros celebrado hoxe venres 21 de decembro, da licitación do proxecto de conexión entre a N-120 e a N-536 –a circunvalación do Barco de Valdeorras-. «Trátase da obra máis importante de todas as realizadas na comarca nos últimos 30 anos, tanto no que ten que ver coa forte inversión económica, como no que atinxe aos beneficios que esta obra aportará para O Barco e o resto da comarca», di García.

A obra que agora se saca a concurso ten prevista unha inversión de máis de 63 millóns de euros, suporá unha gran mellora nas comunicacións por estrada na comarca, especialmente no que ten que ver co tráfico rodado que xenera o sector da lousa, e significará tamén un aporte económico para a zona, ao ser unha obra de grande envergadura que se prolongará durante a lo menos tres anos.

O alcalde destaca ademais a boa resposta do executivo de Pedro Sánchez ás peticións realizadas polo Concello do Barco para que esta obra deixase de estar no caixón no que quedou durante o goberno do PP, e se reactivase o antes posible. Nesta axilización tivo moito que ver o delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, que traballou arreo para conseguir este obxectivo. «Hai que ter en conta», di Alfredo García, «que o proxecto está aprobado desde novembro de 2016, e quedou esquecido e paralizado ata agora. Foron anos de espera, e agora por fin, podemos dicir que o trámite político está rematado, e que agora se inicia o procedemento técnico para a adxudicación. Agora xa é imparable», remata.

Apróbase a licitación da estrada de Circunvalación do Barco