jueves. 03.07.2025

O alumnado do Condesa de Fenosa planta árbores no monte queimado do Coutado

Nesta mañá, «entre os que achegamos nós e os do distrito forestal, poriamos máis de 100», explica Modesto Rodríguez, profesor do colexio
P_somoscomarca_240228_obarco_condesadefenosa
O alumnado do Condesa de Fenosa planta árbores no monte queimado do Coutado

Os alumnos de 4º e de 5º de Primaria o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco) tiveron hoxe, 28 de febreiro, unha actividade de Educación Ambiental moi especial. Esta iniciativa consistía nunha plantación de árbores autóctonas no Coutado, en Viloira. 

Recordemos que esta zona sufría un grave incendio fai dous veráns. Entón, nesta mañá, «entre os que achegamos nós e os do distrito forestal, poriamos máis de 100», explica Modesto Rodríguez, profesor do colexio. 

«Estes nenos son os adultos do futuro e necesitamos que se conciencien da importancia de preservar os nosos montes e bosques», asegura Rodríguez. Para que o alumnado entendera mellor a importancia de estas accións, estiveron acompañados «tanto por Bombeiros Forestais como Axentes Ambientais. Eles, previamente, fixeran os buratos a terra no monte está dura e os nenos non teñen demasiada forza». 

Se queres escoitar a entrevista completa con Modesto Rodríguez, podes facelo aquí:

O alumnado do Condesa de Fenosa planta árbores no monte queimado do Coutado