domingo. 08.06.2025

O alumnado do colexio Condesa de Fenosa celebra o Día da Muller

Nesta ocasión, por mor do tempo, non puideron celebrar a andaina e merenda que tiñan programada na Praza Maior do Barco de Valdeorras
somoscomarca_240308_obarco_condesafenosa_ (2)
O alumnado do colexio Condesa de Fenosa celebra o Día da Muller

O alumnado do colexio CEIP Condesa de Fenosa, como cada ano, conmemorou o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión, por mor do tempo, non puideron celebrar a andaina e merenda que tiñan programada na Praza Maior do Barco de Valdeorras. 

Para poder conmemorar este día «tivemos que restrinxir os actos reivindicativos dun mundo con igualdade real entre homes e mulleres ao noso pavillón polideportivo», explica Modesto Rodríguez, profesor do centro educativo. 

somoscomarca_240308_obarco_condesafenosa_ (1)

Durante a mañá reuniron nunha urna «accións de índole machista que vemos ao noso arredor, preparamos carteis con compromisos, pintamos camisetas e enchemos de globos violetas o espazo». Por outra banda, tamén fixeron «unha fermosa pancarta violeta por unha "Igualdade Infinita"». 

O alumnado do colexio Condesa de Fenosa celebra o Día da Muller