martes. 24.06.2025

Alfonso Rueda presentouse ante un abarrotado Teatro Lauro Olmo

«Eu espero un resultado histórico aquí, confío moito na provincia de Ourense e en Valdeorras», aseguraba Rueda 

 

A campaña política non pisa o freo e, nesta ocasión, Alfonso Rueda visitou O Barco de Valdeorrras. O actual presidente da Xunta, comezaba o seu discurso dando as gracias a todas as persoas que o apoian nesta recta final cara as eleccións de Galicia. 

Este luns, 12 de febreiro no mitin no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras ao que asistiron máis de 500 persoas, estiveron acompañando no escenario a Alfonso Rueda, o presidente do PP de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; o líder provincial do PP de Ourense, Luis Menor; o candidato pola provincia Xosé Manuel Merelles e a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (61)
Menor, González, Rueda, Mañueco e Merelles

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe que o seu partido é o que apoia ás familias como nos países máis avanzados de Europa fronte a un nacionalismo que só busca dividir: «A prioridade do noso programa é axudar ás familias. A do nacionalismo, a independencia».

Subliñou  a confianza que ten en Valdeorras e acadar na comnarca un resultado sen precedente: «Eu espero un resultado histórico aquí, confío moito na provincia de Ourense e en Valdeorras. Sei que o están facendo e dando todo e, polo tanto, moitas grazas», aseguraba Rueda. O actual presidente explica que para as eleccións «o que fai falta é sentirse arroupado».

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (55)
Rueda nun momento do discurso

Asegurou que o seu programa é «o mellor» porque «toma como base o que xa está feito e pensando no que podemos facer para seguir avanzando e progresando». Por iso pediu o voto sacando peito de todo o conseguido «porque se conseguiu cos cartos de todos e cun Goberno que se dedicou a xestionar tomándose moi en serio cada euro dos galegos».

Xunto a el tamén se atopaba o presidente de Castilla y León, co que asegura que ten retos como «ese viaduto en Pedrafita que leva tanto tempo caído e que están reconstruíndo a velocidade que fixeron as pirámides». De feito, considera que se «ese viaduto fora para unir Cataluña co que fixera falta, xa estaría feito». 

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (21)
Alfonso Rueda e Alfonso Fernández Mañueco, presidentes de Galicia e de Castela León respectivamente

En apenas uns días remátase a campaña electoral, polo tanto Rueda pide o voto a todos os valdeorreses, «con toda a humildade. Pido o voto para que Galicia siga sendo o que é, para que sigamos tendo a estabilidade da que a esquerda ri tanto». O actual presidente espera que os «galegos confíen en min, porque eu vou responder esa confianza». 

O presidente do PP en Galicia manifestou que nunca se lle tería ocorrido «ter convocado eleccións deixando Galicia como está agora mesmo o Goberno Central, enredados na Lei de Amnistía». Entón, o presidente considera que hai que presumir do que se conseguiu, «un goberno que xestiona e que se toma cada euro en serio, pero son cartos da xente e hai que dar conta do que se fixo». 

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (57)

«Eu quero seguir tendo apoios para a xente maior da que ri a esquerda porque votan o PP. Pero o Partido Popular vótanos os vellos, os mozos e a xente de mediana idade», explica. Dende o partido teñen como «prioridade na nosa liña electoral son as familias». Rueda asegura que non se vai deixar «levar polos rollos identitarios do nacionalismo».

Reivindicouse como un «político xestor» fronte a aqueles que «consideran absurdo e unha perda de tempo dedicarse a administrar ben os cartos da xente para facer cousas». E acto seguido explicou a diferenza entre os políticos que cumpren co que prometen e aqueles que só fan promesas. Algo para o que tomou de exemplo o acontecido nos incendios que afectaron á comarca de Valdeorras hai dous anos.

«A miña principal motivación para querer seguir sendo presidente de Galicia non é impoñer a miña ideoloxía, nin adoutrinar, nin derrotar a ninguén. A miña primeira e única motivación é servir a Galicia e que sigamos mellorando», saliantou ao tempo que trasladaba o seu desexo de ser «un presidente de todos e a favor de todos».

Aproveitando a presenza no acto do presidente do PP de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, o líder dos populares galegos apelou a todo o que une a ambas comunidades e, de feito, considera que «hai máis puntos de unión que de diferenza».

«Con nós non vai esa manía que ten o nacionalismo de levantar muros, crear diferenzas e buscar a crispación e o enfrontamento. Non vai con nós porque nos somos como á xente e non pretendemos impoñer á xente como ten que ser», afirmou antes de recordar a "discriminación" que comparten tamén ambas comunidades por parte do Goberno central no que respecta a un viaduto da A-6 en Pedrafita que se está reconstruíndo "a paso de tartaruga".

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (43)

O presidente tamén fixo referencia ás enquisas electorais que se están publicando estes días e recoñeceu que prefire aquelas que dan malos resultados "porque nos obrigan a traballar, a estar motivados e a ser conscientes en todo momento de que nos xogamos seguir desfrutando de estabilidade ou comezar a dar pasos atrás".

O presidente de Castilla y León, Alfonso Fernández Mañueco, argumentou que estas eleccións «van de Galicia, de los hombres y de las mujeres, de los jóvenes y de los mayores, de los agricultores, ganaderos o de la gente que trabaja en la industria». Como veciño da comunidade autónoma o que quere é «estabilidad política y eso solo os lo puede ofrecer Alfonso Rueda». De feito, Mañueco pidiu «votar en masa» o actual presidente. 

 

Luis Menor, presidente da Deputación, mostrouse asombrado por «ver este Teatro ateigado, esta comarca que tanto necesita ser defendida e ver esta mostra de axuda, non teño nin tiña dúbidas de que Ourense non vai faiar e Galicia tampouco o noso presidente».  

Lembrou que, á súa chegada á presidencia da Deputación de Ourense, comprometeuse a canalizar a voz dunha comarca como Valdeorras, afastada xeograficamente, pero que nunca ía estar afastada da xestión da institución provincial.

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (9)
Luis Menor e a delegada da Deputación para Valdeorras Maria del Carmen González a súa chegada ao mitín

«Somos plenamente conscientes de que Valdeorras é merecente de maior atención pola súa distancia, pero tamén polo peso económico das súas producións senlleiras e polo seu potencial como recurso turístico e natural e tamén polas súas deficientes comunicacións, que de seguro lastran aínda máis o seu desenvolvemento», afirmou o líder provincial do PP.

somoscomarca_240212_obarco_politica_mitin_pp_alfonsorueda (34)
Luis Menor no atril de oradores

Menor está agradecido co compromiso a, «cando vamos voto a voto e porta a porta, hai que escoitar os veciños. Ímoslle pedir o voto e non os podemos enganar. O que nos digan é o que temos que facer». 

 Xosé Manuel Merelles incidiu en que Rueda ten un compromiso con Galicia que se traslada hasta Valdeorras, «para que a Comarca funcione. Un compromiso coas infraestruturas e as comunicacións interiores». O candidato do PP pola provincia móstrase entusiasmado con superar o «illamento», no que afirma «nos meteu o goberno do PSOE co apoio do BNG».

Merelles fai fincapé en que fai «falta que esteamos todos unidos máis que nunca. É preciso que traballemos no que nos resta de campaña unidos e que todos acudamos a votar o 18 ao Partido Popular para que Alfonso Rueda consiga esa maioría absoluta que se merece». 

A alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González, era a encargada de presentar este acto. «Aquí estamos porque nos imos examinar, non o vai facer solo Alfonso, vámolo facer todos. Non é o que din por aí de que estamos desmantelando a sanidade, é todo o contrario estamos investindo». 

Si queres ver e escoitar o que dixo a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e a entrada de Rueda no Teatro Lauro Olmo preme aquí

Ao finalizar o acto foron moitos os que subiron á platea para falar e fotografiarse con Rueda. O grupo máis numeroso os afiliados do PP da Rúa que traian hasta camisetas con eslogan apoiando a candidatura.

somoscomarca_240212_OBARCO_MITIN_PP_ALFONSORUEDA (2)

Alfonso Rueda presentouse ante un abarrotado Teatro Lauro Olmo