martes. 24.06.2025

AgroLeira: da terra á mesa

Esta é unha empresa de reparto a domicilio de froitas, hortalizas e tubérculos actúa no Barco de Valdeorras e na comarca
P_somoscomarca_240404_obarco_agroleira_juanpedro (1)
P_somoscomarca_240404_obarco_agroleira_juanpedro (1)

Este proxecto comezaba a dar os seus primeiros pasos fai tres anos. Durante este tempo o dono de AgroLeira, Juan Pedro, achegou (e achega) froitas, hortalizas e tubérculos a tendas, restaurantes e algún que outro particular. 

Durante a súa xornada pode levar «patacas, cebolas, laranxas de zume ou castañas —segundo a tempada—», asegura. Pero os inicios foron algo diferentes, «empecei vendendo do meu. Despois xa tiven que comezar a comprar a agricultores e facer contratos». 

somoscomarca_240404_obarco_agroleira_juanpedro (2)

Por outra banda, un dos obxectivos desta empresa é ofrecer a todos os clientes un trato próximo, posto que «nos gusta brindar unha atención personalizada para que se sintan cómodos e confíen no servizo», segundo explican na páxina web.

No caso de que precise produtos da terra, Juan Pedro, ofrece a posibilidade de contactar con el «mediante WhatsApp, páxinas galegas e por redes sociais». 

AgroLeira: da terra á mesa