domingo. 06.07.2025

A actriz María Casares enfróntase a si mesma no Barco

A actriz Sabela Hermida presentou o seu libro “María Casares fronte ao espello” acompañada pola xornalista e produtora, Cristina da Torre
somoscomarca_obarco_presentacionlibro_mariacasares_2023 (2)
A actriz María Casares enfróntase a si mesma no Barco

A biblioteca Florencio Delgado Gurriarán sempre foi un lugar especial. Chea de libros de diversos autores, as letras galegas fixeron presenza na tarde deste venres acompañadas de arte, humor e moito amor valdeorrés.

somoscomarca_obarco_presentacionlibro_mariacasares_2023 (9)
Un momento da presentación

A actriz de orixe valdeorresa, Sabela Hermida presentaba a súa obra  'María Casares fronte ao espello' acompañada da polifacética xornalista e produtora ruesa Cristina da Torre. Unha presentación que se converteu nun dialogo distendido sobre esta obra na que destaca a calidade abordando dunha maneira moi completa a figura dunha personalidade tan complexa como é María Casares, unha actriz que fixo unha gran carreira en Francia, onde finalmente nacionalizouse.

somoscomarca_obarco_presentacionlibro_mariacasares_2023 (8)
A complicidade ente Sabela de Cris 

'María Casares fronte ao espello' está concibida como unha retrospectiva da biografía, da evolución artística, do legado filosófico e da concepción da arte dramática da actriz, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa da que se nutre no exilio. Pon en valor a súa pegada no teatro do século XX, especialmente no do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época.

somoscomarca_obarco_presentacionlibro_mariacasares_2023 (3)
Sabela firmándolle o exemplar a Reyes una boa amiga

Neste libro, tal e como se deu a coñecer na presentación, Sabela Hermida profundizou nos aspectos máis descoñecidos de quen fose filla do político da II República, Santiago Casares Quiroga e que despuntou na escena francesa interpretando a personaxes como Lady Macbeth, Fedra, Medea ou Nai Coraxe. Tamén destacou como actriz no cinema, logrando un César no ano 1988 por películas como “Lles Dames du Bois de Boulogne”, de Bresson, “A Chartreuse de Parme”, de Christian-Jacque ou “Orphée” de Cocteau.

somoscomarca_obarco_presentacionlibro_mariacasares_2023 (6)
O espacio habilitado na biblioteca quedouse pequeno

Cabe lembrar que María Casares regresou a España en 1976, tras a morte de Franco, para protagonizar a obra de teatro "O espantallo" de Rafael . Con todo, retornou pronto a Francia decepcionada pola instrumentalización do seu nome. O que non fixo foi volver a Galicia, a A Coruña, cidade ca viu nacer e de onde partiu xunto a súa familia ao exilio. Interesante a reféxión final que fai Sabela ao remate da presentación e que podedes ver e escoitar no seguinte vídeo.

Unha figura pola que navegaron as valdeorresas nunha tarde dedicada á arte en feminino.

somoscomarca_obarco_presentacionlibro_mariacasares_2023 (1)

A actriz María Casares enfróntase a si mesma no Barco