Acompañar ós Reis Magos do Barco, unha opción ó alcance dos máis rápidos
[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]
O Concello do Barco abriu hoxe xoves día 20 de decembro, o prazo de inscrición para nenos e adultos que queiran formar parte da comitiva dos Reis Magos que os acompañará na Cabalgata do día 5 de xaneiro que percorrerá as rúas da vila a partires das 17:00 horas.
Os interesados xa poden facer saber as súas intencións de participar achegándose ata ás 13:00 horas do día 29 de decembro á Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán, na rúa Academia Dequidt, 6 baixo, en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 11:00 a 13:00 horas.
A inscrición farase nun dos seguintes grupos:
GRUPO A.- Admitiranse 30 nenos - 10 por cada unha das tres carrozas - de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos.
GRUPO B.- Estará formado por 36 nenos e xoves entre 11 e 17 anos ou persoas adultas, doce por cada unha das tres carrozas.
En todos os casos será respectada a orde de inscrición e os menores deberán ser autorizados por escrito polos seus pais ou titores.
Os inscritos no grupo B deberán presentarse no Teatro Lauro Olmo o día 5 de xaneiro ás 16:00 horas. Deberán levar zapatos escuros, nunca deportivos.
Os inscritos no grupo A estarán na Estación de Autobuses o día 5 de xaneiro ás 17:00 horas, onde se lles dará uns petos que deberán devolver ao finalizar a Cabalgata. Deberán ir vestidos de escuro, negro ou azul mariño preferiblemente.
[/double_paragraph] [/row]