As persoas do Barco e de Viana que estean interesados en participar nun campamento de verán en Vilarbó —na fraga atlántica pertencente ás Fragas do Eume— poden realizar a preinscrición mañá martes día 4 de xuño no edificio multiusos do Barco de Valdeorras, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou chamando ao teléfono 988 32 02 02.
Para entrar nesta fase de preinscrición é necesario aportar a seguinte documentación: nome e apelidos do neno/a, DNI, data de nacemento, e se se atopa empadroado no Concello do Barco (de non ser así, entraría a unha lista de agarda por se houbese prazas vacantes). Xa o venres 7 de xuño realizarase unha reunión para o reparto de prazas ás 14:00 horas no edificio multiusos do Concello.
Hai dúas modalidades neste campamento. A primeira delas é o campus Multiaventura, para nenos de entre 12 e 17 anos, do 5 ao 16 de xullo. O prezo é de 314 euros (sen transporte). Dentro das actividades haberá xogos acuáticos, paintball, tiro, artesanía, roteiros, travesía polo Eume, animación nocturne e unha acampada no río, entre outras.
A segunda é o campamento Robinson, para nenos de entre 7 e 11 anos, do 23 ao 30 de xullo. O prezo é de 221 euros (sen transporte). Dentro das actividades haberá xogos e deportes acuáticos, obradoiro de cor, artelladas, xogos (populares, alternativos, deportivos), xincana, roteiros e animación nocturna.