
Aberto o prazo para a adxudicación da barra das Festas do Cristo
O prezo de saída é de 4.500 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o próximo luns 2 de setembro

Dende hoxe mércores 28 de agosto está aberto o prazo para que presente a súa oferta calquera persoa interesada na instalación dunha barra de bar durante as Festas do Cristo do ano 2024. Máis en concreto, trátase dunha barra de 20x2 metros e mesas e cadeiras, con localización no lateral do Campo da Festa colindante co paseo do río.
A barra instalarase os días 13, 14, 15, e 16 de setembro de 2024, e estará aberta durante a actuación das orquestras, así coma desde unha hora antes e dúas horas despois da súa celebración. O prezo de saída é de 4.500 euros, e a barra adxudicarase á mellor oferta económica.
Os interesados poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do próximo luns 2 de setembro. Os requisitos dos licitadores e criterios de adxudicación, así como o resto dos detalles relativos a esta oferta están recollidos no anuncio publicado na Sede Electrónica do Concello.