viernes. 19.04.2024

As chuvias torrenciais

en apenas 20 minutos fixeron que os servicios de emerxencia tiveran que actuar

en distintos puntos da vila.

As rúas afectadas foron as da entrada ao Barco: avenida do Bierzo y Eulogio Fernández. Tamén rexistraron incidencias a rúa Carrúa, Rampa e Santiago Melo Pisón. Os accesos ao Barco asolágaronse, como ven sendo habitual cando caen estas treboadas. O paso por debaixo da vía, na Proba, encheuse de auga e lodo que enseguida quedou limpo.



O servizo de emerxencias de Galicia 112 rexistrou case unha ducia de chamadas, desde onde se alertou a GES,  bombeiros do parque da Rúa, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.

Auga na avenida do Bierzo

Foi a primeira tormenta da tempada e sempre é a peor segundo nos informan desde os servizos de emerxencia e o propio concello, xa que os sumidoiros veñen de estar parados pola seca e neles acumúlanse follas e lixo, e non son capaces de  recoller tal tromba de auga.



En torno as 20:30 horas chegou ao Barco esta tormenta que empezou na veciña provincia de León, entrou de cheo en Valdeorras e seguiu cara Monforte, chegando incluso a Lugo, segundo informan desde MeteoGalicia.



Entre as 21:20 e as 21:30 horas rexistráronse na estación das Petarelas 9 litros por metro cadrado e na de Ladeira 14. Se ben non son datos moi significativos cabe informar que o núcleo da tormenta e a maior descarga estivo entre estes dous puntos e a auga caeu en un intervalo de escasos 15 minutos.

Acceso a rúa Carrúa por debaixo da ponte da avenida do Bierzo

O principal, segundo a axencia meteorolóxica galega e que:  «Temos os ingredientes perfectos para que se formen este tipo de fenómenos». Os 34º alcanzados onte, unido á entrada dunha borrasca de aire frío en altura, fai que se formen este cúmulo-nimbos que ao descargar en puntos moi localizados deixan estes trebóns de auga. «Son difíciles de predicir», aseguran desde a axencia. Para hoxe non se descartan fenómenos similares. «Precaución durante o día de hoxe que se poden volver a producir estas tormentas»,  subliñan os meteorólogos.

Acceso por Veigamuiños

A tormenta inundou onte á noite rúas e baixos do Barco