jueves. 28.03.2024

A tradicional Festa de San Mauro do Barco adiántase a este sábado, 12 de decembro. Así o contaba un dos organizadores.

Co fin de darlle un pulo o casco vello do Barco e os negocios que nela hai, Andrés, un hostaleiro da praza Maior, decidiu que este ano o San Mauro tería música. Así, hoxe en sesión de tarde e noite na praza Maior haberá unha discoteca móbil e mañá uns gaiteiros que amenizarán a sesión vermú. A iniciativa particular deste hostaleiro, propietario da Cafetería Veira Sil, fará de novo bailar á xente na praza maior. Esta é a segunda festa que se organiza na praza en menos dun ano, a anterior a Festa do Casco Vello, tamén estivo organizada por un grupo de hostaleiros, foi en xuño.

O martes será o tempo para que a Policía Local festexe o seu patrono cumprindo un ano máis coa tradición. Os membros deste Corpo local sacarán a San Mauro en procesión polas rúas do casco vello ás 12:30. Sairán da igrexa que leva o nome do santo cara a praza Maior, logo de baixar as escaleiras xirarán cara a rúa Real para  subir pola «calle Oscura» desde onde entrarán de   novo á igrexa onde para celebrar a misa solemne na honra do santo. Non faltará a cita o alcalde e a corporación do Barco así como os compañeiros da Garda Civil.

A festa do San Mauro adiántase a este sábado