lunes. 16.06.2025

A Casa do Concello do Barco tinguiuse de verde en apoio aos enfermos de ELA

Con esta medida,

o Concello do Barco secunda a convocatoria realizada pola Asociación Galega de

Esclerose (AGAELA), e a Fegamp

Desde as dez da noite do sábado 21 de xuño até as dúas da madrugada do domingo 21 a fachada da Casa Consistorial do Barco iluminouse da cor da esperanza, o verde, en apoio aos enfermos de ELA. Con esta medida, o Concello do Barco secunda a convocatoria realizada pola Asociación Galega de Esclerose (AGAELA), e a Fegamp que tamén foi secundada por outros municipios de Galicia.

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA, no nome dos seus asociados e co obxectivo de realizarlles ás Entidades Locais Galegas unha proposta de carácter solidario para o Día Mundial da ELA, organizou a acción solidaria #LuzporlaELA.

Este ano, o obxectivo da Asociación é chegar a máis persoas para que aquelas que aínda non coñecen a ELA poidan facelo, polo que lle piden que apoie esta iniciativa e se sume á Campaña de Sensibilización #LuzporlaELA, iluminando de verde varios monumentos ou edificios pertencentes ao seu Concello, poñendo de manifesto así, non só a beleza do patrimonio do concello, senón tamén o impulso de actividades solidarias en favor de persoas enfermas como as que padecen ELA.


Casa do Concello do Barco iluminada de verde a noite do 20 de xuño

A ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) probablemente sexa unha das enfermidades máis devastadoras ás que se pode enfrontar calquera persoa e calquera familia. É fundamental darlle visibilidade e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico.

Así, este é o motivo polo que desde fai dous anos, e xunto ao resto de Asociacións de Pacientes e a Fundación Francisco Luzón, como Comunidade Nacional da ELA, estase promovendo #LuzporlaELA, unha acción de visibilidade nos Concellos de España e, neste caso, en colaboración con cada Concello, coincidindo co Día Internacional da ELA, 21 de xuño.



A acción consiste en iluminar de cor verde (durante a fin de semana do 20 e o 21 de xuño) a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país en apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que “A ELA existe”.

En 2019, foron 210 os municipios das diferentes Comunidades Autónomas os que participaron na iniciativa. Ilumináronse de verde 305 monumentos de toda España, entre os que se atopaban a Fonte de Cibeles, a Praza de España de Sevilla, o Arco de Santa María de Burgos, os Concellos de Barcelona ou Donosti, a Deputación da Coruña ou a Torre de Hércules, o Templo de Diana de Mérida, o Palacio da Madalena de Santander, o Teatro Campoamor de Oviedo e outros edificios do sector privado.

A Casa do Concello do Barco tinguiuse de verde en apoio aos enfermos de ELA