Os días 2, 3, 4 e 5 de febreiro terá lugar a decimoterceira edición do Ralli de Inverno, unha das maiores mostras de coches clásicos de Galicia, co que colabora o Concello de A Rúa. A alcaldesa da localidade foi a encargada de presentar o evento, xunto con José Rodríguez Gómez, do comité organizador.
[df-caption title="Pepe Rodríguez o carón do automóbil mais antigo na pasada edición" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_rallieinvierno_2016-1.jpg"]
Un ano máis, o ralli pasará por Valdeorras, ademáis de visitar a zona da Ribeira Sacra, e contará con participantes de lugares moi dispares, non só de España, senón tamén de Portugal, onde este evento ten gran popularidade. En esta edición participará, por segunda vez, o piloto rués Santiago Álvarez.
[df-caption title="Santiago Alvarez cun grupo de amigos na pasada edición do Ralli" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_rallieinvierno_2016.jpg"]
O percorrido esconde paisaxes espectaculares do interior de Galicia, posto que pasa polas provincias de Lugo e Ourense. O venres 3, os coches pasarán por Sober, baixarán por Belesar para subir por Chantada e rematar en Monforte. O sábado pola mañá sairán precisamente de Monforte, percorrerán Castrocaldelas, Trives e Manzaneda , baixarán polo Santuario das Hermitas e chegarán á Rúa. Unha vez aquí pararán a comer e sairán de novo. As 15:00 salirá o primeiro vehículo, mentres que o resto irán saíndo cunha diferencia de un minuto. A tarde do sábado subirán a Seoane e baixarán a Samos para cruzaren de novo a provincia e voltar a Monforte. O Ralli rematará en Ferreira de Pantón, onde terá lugar o último control de paso.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_rallieinvierno_2016-4.jpg"]
En todas as edicións hai algún vehículo que chama especialmente a atención entre os Porches, Mercedes, Jaguars e incluso algún Ferrari que acuden a esta competición. Este ano é o caso de un MG J2 do ano 1932, que é o vehículo máis antigo que participa nesta carreira. O máis novo data do 1975 e trátase de un Porche Carrera 911.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_rallieinvierno_2016-3.jpg"]
Os 60 participantes deste evento están xa ultimando os últimos detalles e poñendo a punto as súas reliquias, algunhas valoradas en máis de 300.000 euros.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_rallieinvierno_2016-5.jpg"]