domingo. 08.06.2025

Da comezo a Liga Galega Infantil de piragüismo

portada

Os rapaces do Infantil B do Club Fluvial O Barco tiveron a súa primeira saída o pasado sábado en Verducido, Pontevedra. Máis de 470 palistas e 36 clubes de toda Galicia disputaron a primeira regata do ano da Liga Galega Infantil no embalse de Pontillón do Castro. Ademais, nesta competición tamén participaron deportistas da categoría Alevçin A, que non puntúa para a clasificación final de clubes.

A regata deu comezo ás 10:30 da mañá, con saída da categoría feminina Alevín A, que realizou un recorrido de 1.500 metros. Cerro a competición a categoría masculina Infantil, coa última regata que saíu ás 12:45 percorrendo unha distancia de 3.000 metros.

O adestrador dos pequenos, Daniel López, sinalou que esta primeira actuación foi "una primera toma de contacto. En general se les dio bien, los veo con ganas". Es sólo el comienzo, "ahora toca esforzarse y seguir entrenando".

A próxima saída será o vindeiro día 15 de abril en A Veiga, onde competirán os Infantís A e Infantís B en 3.000 e de novo os Alevíns en 1.500.

López recoñeceu que afronta a temporada "con ilusión" e sen importar os resultados "en estas categorías los resultados ya llegarán, lo importante es que participes y que haya niños para seguir creciendo".

Da comezo a Liga Galega Infantil de piragüismo