domingo. 25.02.2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro e a xerente do Inorde Enma González, participou na tarde do sábado 8 de abril na XVIII edición da Ruta das Covas de Seadur, no concello ourensán de Larouco. A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, tamén estivo acompañada polo alcalde da Rúa, Álvaro Fernández e de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez e a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía

somoscomarca_larouco_seadur_coselleirodomediorural_2023 (2)
Enma González, Inés Santé, Patricia Lamela, José González, Nava Castro, Álvaro Fernández  e Melisa Macía

Seadur volveu despois de tres anos a recuperar a Festa das Covas estreando tamén nova directiva na asociación. As 19 adegas e covas, participantes nesta edición abriron as portas ás 18.00 horas  para dar entrada a milleiros de persoas con moitas ganas de degustar os viños da contarna e os pinchos variados.

somoscomarca_larouco_seadur_coselleirodomediorural_2023 (1)
Brinde do conselleiro e da directora de Turismo mentres a alcaldesa serve o viño de Seadur

O entorno etnográfico das Covas de Seadur é un claro exemplo da vinculación entre viño e territorio, xa que está composto de 40 adegas tradicionais de gran valor patrimonial onde se proxectan actividades turísticas e gastronómicas, promocionando así unha ampla oferta de turismo enogastronómico da comarca de Valdeorras.

somoscomarca_seadur_rutadascovas_2023 (54)

Na mesma liña se sitúa a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que ten como obxectivo potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios nos que se produce, ao tempo que se aposta pola consolidación nos diferentes mercados.

somoscomarca_seadur_rutadascovas_2023 (53)

Cabe sinalar que o concello de Larouco atópase na zona amparada para a produción de viño con denominación de orixe Valdeorras, que tamén abarca os municipios do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

somoscomarca_seadur_rutadascovas_2023 (12)

No tocante aos monovarietais tintos, están elaborados con variedade mencía e dotados dunha fermosa cor entre vermello-rubí e picota, con intensidade media que lembran as froitas do bosque como a grosella, framboesa e amora. Os viños brancos están elaborados a partir da variedade godello e posúen cores amarelo-palla con matices verdosos, os seus recendos son francos e intensos lembrando algunha variedade de mazá.

somoscomarca_seadur_rutadascovas_2023 (50)

As agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Petín, O Barco, A Rúa, Trives, Manzaneda e Vilamartín colaboraron coa organización nas tarefas de regulameto de aparcanmento así como noutras tarefas que axudaron a que todo se deserolase sen incidentes.

A Festa das Covas de Seadur volveu con moita participación