
O vindeiro venres, 12 de novembro nas antigas escolas de Larouco celebrarase unha xornada de oportunidade e novos cultivos que pretenden achegar información sobre como acceder a postos de traballo innovadores e descoñecidos, axudas e coma non, sobre emprego sostible.
«O reto demográfico e un problema moi grave intrínseco na sociedade ourensana, a este problema temos que engadir a exclusión laboral que sofren moitas mulleres polo simple feito de selo nun entorno rural», aseguran desde a organización.
Estas xornadas pretenden afondar na idea dun posicionamento persoal, laboral e social ás mulleres e homes para que podan acceder a postos de traballo descoñecidos para eles cunha base forte e estable para que podan facer raíces no entorno e vivir del.
Desde a Asociación Galega de Mulleres Rurais —AGAMUR—, organizadora da xornada indican: «Exporemos nestas xornadas, as diferentes oportunidades de traballo e negocio que existen, así mesmo darase información acerca das axudas e existentes».
Outro punto da xornada, e a información acerca de novos cultivos e das súas características e rendibilidade, e tamén dar a coñecer as opcións que ofrece AGAMUR para por en marcha este proxecto no que se fará un analisis inicial, unha formación especifica e unha axuda continua en todo o proceso de posta en marcha dun proxecto ou inclusión laboral dos participantes.
O proxecto está cofinanciado pola Deputación de Ourense, coa colaboración do Concello de Larouco.