jueves. 29.05.2025

Unha igrexa engalanada para sacar á Virxe dos Remedios en procesión

Larouco prepárase para as súas festas grandes, que arrincan este xoves 5 de setembro con actividades gastronómicas, musicais, infantís, deportivas e cinematográficas
somoscomarca_larouco_procesion_virgenremedios_2023 (14)
Unha igrexa engalanada para sacar á Virxe dos Remedios en procesión.

Larouco encara nesta primeira semana de setembro as súas festas grandes: as de Santa María dos Remedios. «Hai uns anos un grupo de mulleres decidiu xuntarse para tecer o noso traxe rexional e adornar a igrexa para este día grande», conta a alcaldesa Patricia Lamela. «Así sacamos á nosa Virxe en procesión cunha igrexa espectacular».

Devandita procesión sairá o domingo día 8 de setembro ás 13:00 horas, e acompañará a Banda de Música de Celanova

As actividades arrincarán o xoves día 5 coa grabación dun programa de radio dentro do proxecto #EnRede, que «se fixo xa en todos os municipios desta colaboración e pasámolo moi ben». Será de 17:00 a 19:00 horas na aula da natureza. A continuación, proxectarase a película "Cuñados" fronte ao Concello.

O venres haberá actividades para nenos cunha ludoteca infantil, polvos holi e xogos de auga. Será de 17:00 a 20:00 horas. Xa para cear, unha pancetada popular ás 21:30 na praza da Cooperativa. 

Fin de semana grande

O sábado día 7 arrinca con gastronomía xa dende a mañá coa foodtruck da Consellería do Mar, "Galicia sabe a mar". «O obxectivo é desfrutar da nosa terra de auga coa súa comida», e ofreceranse petiscos durante todo o día. Tamén desputarase un campionato de petanca e de tute

A partir das 22:00 horas actuará o Trío Milennial e a discomóbil Stuu.

«O domingo é un día grande para nós, que agardamos todo o ano. É cando as mulleres visten o noso traxe rexional, adornan a igrexa e sacamos á nosa Virxe en procesión», avanza a rexedora. Despois desa procesión celebrarase misa cantada coa Banda de Música de Celanova, que ofrecerá logo un concerto no atrio. 

somoscomarca_larouco_procesion_virgenremedios_2023 (2)
Procesión Santa María dos Remedios (ano 2023).

Xa pola tarde-noite, música coa orquestra Saudade, nun primeiro pase de 19:30 a 21:00 horas e nun segundo dende as 23:00 até as 00:30 horas. «A comisión decidiu, e estou dacordo, adiantar a hora da orquestra porque aínda que o luns é festivo en Larouco moita xente traballa noutros municipios, e hai que ir cos tempos».

A alcaldesa, Patricia Lamela, quixo neste senso agradecer «que a xente siga tendo ganas de traballar polo pobo e que se animen a participar. Un grao de area de cada lado fai que os pobos sigan tendo vida, e ter esta festa é algo moi emocionante».

Pode escoitar a entrevista completa neste enlace de audio:

Unha igrexa engalanada para sacar á Virxe dos Remedios en procesión