viernes. 19.04.2024

Propostas culturais e música nas rúas para celebrar a festividade da Virxe dos Remedios

As festas da Virxe dos Remedios en Larouco celebraranse dun xeito especial e gardando todas as medidas de seguridade. O día grande será o vindeiro martes 8 de setembro pero esta fin de semana a música xa se deixou ouvir polas rúas deste municipio valdeorrés.



A charanga feminina Brassica Rapa percorreu este sábado as rúas deténdose ás portas dos bares para amenizar unha festa que, este ano substitúe as orquestras por propostas culturais. A charla dada por José Fernández oriúndo de Larouco quen amosou o lugar de Castrillón, un castro onde Bibei e Xares se unen e a vez dividen tres concellos: O Bolo, Manzaneda e Larouco, foi unha destas propostas.

Brassica Rapa diante dun dos bares do concello

Mañá Os Bregadiers serán os encargados de facer soar os seus instrumentos para amenizar estás festas pouco común. O Luns a música correrá a cargo dos Bertolini. Ese mesmo día  Compañía Catropés porá representará pola tarde na praza do Concello a obra Animacreques.

O Día grande celébrase o martes 8 de setembro coincidindo ca patroa do Concello a Virxe dos Remedios. Animará o día a charanga Nova Terras de Trives.

Unhas festas distintas para tempos nos que a covid non permite xuntanzas con gran número de persoas, nin grandes celebracións.

Brassica Rapa polas rúas de Larouco

Imaxes cedidas

Brassica Rapa ameniza o primeiro día das festas de Larouco