
Máis talento galego para o equipo nacional. A RFEF vén de publicar as convocatorias da Selección Española sub 19 e sub 18 masculinas para senllos encontros amigables e nas dúas haberá representación galega.
A primeira contará, unha vez máis, coa presenza do mozo valdeorrés César Fernández. O porteiro do RC Celta forma parte da convocatoria da Selección Española sub 19 para disputar o próximo mércores 18 de xaneiro un partido amigable ante Italia no estadio "El Pozuelo" de Torremolinos (Málaga).
O gardarredes galego do equipo olívico —é titular no Celta C Gran Peña, que compite na Terceira RFEF, mesma categoría que o CD Barco— foi un fixo na Selección Galega e tamén é un habitual nas convocatorias do combinado nacional.
De feito, hai só uns meses, en outubro, vestiu a camisola da Selección para participar nunha concentración en Alemaña na que desputaron un amigable. Foi só unha das moitas chamadas que lle levan feito dende a RFEF a este mozo do ano 2004 e que está chamado a ser un dos grandes porteiros galegos dos vindeiros anos.
Ademais de César, a Selección Española chamou os galegos galegos Manu Berrocal (RC Deportivo) e Álvaro Santos (RC Celta) e o burgalés con acento galego Kevin Sánchez forman parte da convocatoria da Selección Española sub 18 para disputar un encontro amigable ante Italia.