martes. 01.07.2025

Christian campión na absoluta de Marín e Carlos López subcampión

Os andarines de Arcos están que se salen 3 medallas dos catro que ían representando ao Club Peña Trevinca
somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (7)
somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (7)

Este domingo celebrouse na localidade pontevedresa de Marín a proba que forma parte do calendario do VIII Open de Andainas 25KM de Regularidade. Foron catro os Andarines de Arcos os que participaron representando ao Club Peña Trevinca e deles tres obtiveron medalla, Carlos, Christian e Lucio.

Lucio foi campión da absoluta e Carlos segundo e tamén conqueriu o primeiro posto na categoría veterano B.

somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (6)
Carlos e Lucio, subcampión e Campión respectivamente


O percorrido da proba discorreu por montes e praias do municipio pontevedrés, sendo o punto de partida a Alameda Rosalía de Castro.

somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (5)

Ademáis dos Andarines de Arcos viaxaron a Marín unha vintena de membros do Peña Trevinca que colgaron do pescozo 7 medallas en outros tantos deportistas.

somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (1)
Deportistas do Peña Trevinca que obtiveron medalla en Marín

A primeira proba de 25KM, Noia

O Club Peña Trevinca estreouse na Copa Galega de Andainas de 25 kms. o pasado 12 de febreiro, un evento  incluído na liga galega de sendeirismo e na liga Ibérica de Sendeirismo FEDME. Probas baixo o paraugas da Federación Galega de Montañismo.

somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (3)
Club Peña Trevinca en Noia na primeira proba dos 25 km

«Día espectacular, frío ao principio pero con sol toda a xornada. Dous roteiros unha de 15 km e outro 25 km. Desnivel superior aos 1000, tanto ascendente como descendente. Vistas sobre a ría de Noia. Durilla pero bonita 3 avituallamientos e para terminar unha paella cunhas cañitas de cervexa.», comentaban desde o Club quen ademais recalcaban do club organizador, Trabandainas, «gran traballo e mellores anfitrións».

somoscomarcaclubpeñatrevinca_andainas25k_marin_noia_2025 (2)
Pili..presidenta de Trabandainas con su equipo de colaboradores y Fini presidenta de la FGM.

Participaron nesta primeira andainade 25 Km  565 deportistas e 30 voluntarios de Protección Civil, Policía Local, Cruz Vermella e unha ambulancia.

Contou con dous roteiros circulares de 25 quilómetros e 15 quilómetros cuxo punto de saída foi o instituto San Alberto e meta no Polideportivo do Instituto San Alberto.

Christian campión na absoluta de Marín e Carlos López subcampión