jueves. 11.08.2022

Valdeorras exportou na última campaña a cifra máis alta da súa historia

Os 467.471 litros de godello e mencía exportáronse principalmente a Reino Unido, Estados Unidos, Holanda, Alemaña e Suecia

somoscomarca_obarco_vendimia_viñaredo_santamarta_mencia_temporeros_2021 (6)
Valdeorras exportou na última campaña a cifra máis alta da súa historia

Baixo o selo do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, exportáronse na campaña 2020-2021 un total de 467.471 litros de godello e de mencía, a cifra máis alta dende que hai rexistros. Esta cifra cuadriplica a cantidade de viño exportada no exercicio anterior (2019-2020) cando se acadaron unicamente 109.202 litros de viño exportados. Por variedades, 400.407 dos litros de viño enviados ao exterior corresponden a godello e 67.064 a mencía.

O total calificado de godello na última campaña foi de máis de 2,5 millóns de litros de viño e de mencía superou os 635.000 litros, o que evidencia que a porcentaxe que se exporta de godello é de máis do 15%e de mencía de pouco máis do 10%.

Mercados preferentes

Por territorios do estranxeiro, os viños de Valdeorras véndense fundamentalmente no Reino Unido (125.958 litros de godello e 14.783 de mencía); Estados Unidos (67.672 litros de godello e 12.719 de mencía); Holanda (53.642 de godello e 22.932 de mencía); Alemaña (14.575 de godello e 2.323 de mencía) e Suecia (14.828 de godello e 1.416 de mencía).

Estas cifras, segundo valorou o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, son «moi positivas» e «evidencian que as vendas ao exterior se normalizan e, mesmo, medran tras a pandemia». Xunto a isto, os bos datos de exportación «representan un sinal de que o traballo de promoción dos nosos viños fóra das nosas fronteiras se está a facer ben».

Valdeorras exportou na última campaña a cifra máis alta da súa historia