lunes. 02.06.2025

"Solombo ao doce e salgado", mellor picho da VII Ruta "O Barco vai de viños"

portada

A tapería Al Natural serviu o mellor pincho desta VII edición da Ruta "O Barco vai de viños" celebrada os comprendidos entre o 12 e o 22 de xaneiro cunha gran acollida do público.

Así o corroboran os 80 votos que obtivo o seu pincho, nomeado como "solombo ao doce e salgado".

A vicepresidenta do Centro Comercial Aberto de O Barco, Ángeles Rodríguez, era a encargada de dar as boas novas, acompañada pola concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo de O Barco, Irene Dacal.

Durante a celebración desta popular Ruta, vendéronse un total de 9.989 pinchos, servidos entre os 20 establecementos que participaron nesta edición. Como novidade, este ano, presentábase a opción de valorar positivamente os mellores pinchos a través dunhas papeletas de participación.

Contáronse máis de 600 papeletas, das cales 113 foron nulas por non cumprimentar os datos esixidos polas bases. Os votantes deberían contar cun mínimo de 5 selos en 5 establecementos distintos e, cando menos, un de cada unha das 3 partes nas que se dividiu a ruta: mencía, godello e dona branca.

Todo aquel que participase, entraba tamén no sorteo de catro ceas para catro parellas, que se elixirían directamente das papeletas depositadas nas urnas dos distintos establecementos.

Os afortunados foron:

  • Senén Álvarez Martinez, gañadora de unha cea para dúas persoas na “Cafetería Restaurante Fernando III”, doada por Distribuciones Roca.
  • Miguel López García, gañador dunha cea para dúas persoas en “Casa Galaica”, doada por Distribuciones Anger Valdeorras.
  • Pedro Crespo López, gañador dunha cea para dúas persoas no“Pazo do Castro” doada por Exclusivas Morales.
  • Rocío Visuña Fernández, gañadora dunha cea para dúas persoas en “Piquiño Restaurante” doada por Bodegas D’Berna.

"Solombo ao doce e salgado", mellor picho da VII Ruta "O Barco vai de viños"