viernes. 29.03.2024

O IX Congreso Internacional do Viño Enofusión 2019, o prestixioso salón que se celebra no Palacio de Congresos de Madrid para amosar as últimas tendencias no eido vinícola, conta ca participación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. O presidente do ente, José Luis García Pando, calificou de «foro idea» o certame para que os viños poidan «conectar con potenciais prescritores».

Neste evento estanse a realizar presentacións e degustacións dos viños, dirixidas a restauradores, sumilleres e público profesional. Así, houbo unha cata comentada na que participaron unhas 40 persoas e, previamente, desenvolveuse outra acción similar na Asociación Madrileña de Sumilleres.



As catas, degustacións, relatorios e debates de Enofusión 2019 convírtense nunha enoteca viva para divulgar novas tendencias, a innovación e, ademais, reatoparse con xoias embotelladas. O salón tamén é unha plataforma perfecta para descubrir novos valores e viños de éxito.

O Consello Regulador de Valdeorras participa neste salón, que concentra a mais de 10.000 visitantes profesionais, para a promoción dos viños da Denominación de Orixe, cada vez mais recoñecidos e valorados. Madrid é unha das cidades ás que presta especial atención na aposta pola visibilidad dos viños de Valdeorras.

Os viños de Valdeorras «viaxan» ata o salón Enofusión de Madrid