sábado. 28.06.2025

O Consello Regulador da D.O Valdeorras acondicionará a súa sede

Nas obras da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras colaborará a Deputación de Ourense

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras iniciará próximamente as obras de acondicionamento da súa sede. O edificio situado en Vilamartín de Valdeorras sufrirá reformas contando coa colaboración da Deputación de Ourense que achegará 80.000 euros.

Así se acordou na xuntanza que mantiveron este venres no Pazo Provincial o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, acompañado polos xerentes das adegas "Santa Marta" e "Joaquín Rebolledo", José Guitián e José Ramón Rodríguez.

Dende o órgano provincial salientaron a excelencia dos viños de Valdeorras. Tamén a súa proxección nacional e internacional dentro dunha cooperación que se manterá entre ambas entidades. Dende a Deputación destacaron que é un sector extratéxico para toda a comarca.  

De cara ao futuro non se descarta que a futura sede da Deputación de Ourense esté situada nas dependencias do Consello Regulador.

O Consello Regulador da D.O Valdeorras acondicionará a súa sede