martes. 15.07.2025

Gastromímate, agarimo polos produtos de tempada para mostrar amor ao comercio local

Araceli Fernández: «Espero que la gente disfrute tanto del comercio como de la gastronomía. Es una manera de unir los vinos y la gastronomía y dar un escaparate al comercio»

Saímos ás rúas para saber como ía o primeiro día de Gastromímate e podemos asegurar que funcionou a pesar da presenza da choiva. Perfumería de la Puente, Rosendo Moda, Miranda, Plantoval, Mercería Raquel e Ton y Son foron os establecementos que percorremos, en Somos Comarca.

Neste último, en Ton y Son, atopámonos con Mercedes González, a sumillier que o domingo conducirá a cata na Casa do Río Cigüeño do Barco. Con ela a presidenta de AEVA, Araceli Fernández quen asegurou que Gastromímate era «una manera de unir los vinos y la gastronomía y, dar un escaparate al comercio». 

p_somoscomarca_231013_obarco_gastromimate_lisboa_jardin_ang·l_delapuente_tonyson_0005
Araceli Fernández, Mercedes Gonzáles e as responsables de Ton y Son

A presidenta asegurou que se trata de interrelacionar o viño e a gastronomía. «El otoño es una de las estaciones más bonitas aquí en Valdeorras», e por elo inténtase que estes produtos  de outono xunto cos viños se visivilicen  donde no escaparate comercial da comarca.

p_somoscomarca_231013_obarco_gastromimate_lisboa_jardin_ang·l_delapuente_tonyson_0001
Entre compra y compra un pincho no viene mal. Estos estaban en Ana de la Puente Perfumería y Estética

Pola súa banda Mercedes González sinalou,: «Este año dada la situación, el puente, en hacer un poco partícipes al resto del comercio, pues surgió la idea esta de trasladar los pinchos a las tiendas y, los vinos»

Dentro dos establecementos hostaleiros O Café Bar Lisboa, o Bar Jardín e o Bar Ang3l —estes dous últimos de Viloira— foron os elixidos por Somos Comarca para degustar o saboroso caldo de berzas que se servía neles. No Bar Lisboa atopamos a recente incorporada á xerencia de AEVA, Teresa García e a xornalista e polifacética, Cristina de la Torre.

p_somoscomarca_231013_obarco_gastromimate_lisboa_jardin_ang·l_delapuente_tonyson_0007
Diego, Teresa e Cristina no Lisboa tomando un caldiño

Os comerciantes e hostaleiros cualificaban a iniciativa como moi boa e que animaba ás compras ou polo menos a xente agradecía o feito de facer «cousas novidosas e que atraian a xente».

p_somoscomarca_231013_obarco_gastromimate_lisboa_jardin_ang·l_delapuente_tonyson_0011
Miranda Moda atendía ás clientas mentes os pinchos desaparecía

Gastromímate chega esta fin de semana a súa terceira edición con degustacións en comercios, catas e premios. Trinta e un establecementos comerciais, entre tendas e bares, dispoñen dun recuncho gastronómico de outono onde degustar petiscos elaborados con produtos de tempada.

p_somoscomarca_231013_obarco_gastromimate_lisboa_jardin_ang·l_delapuente_tonyson_0019
Ambientazo no Bar Ang3l de Viloira, onde todos os clientes tomaban a cunca de caldo

Hoxe sábado ás degustacións comezan ás 12.00 horas e mañá domingo, tal como sinalaban Araceli e Mercedes ás 13.00 horas haberá unha cata no Río Cigüeño na que aínda queda algunha praza e a que se pode asistir apuntándose no lugar de realización.

p_somoscomarca_231013_obarco_gastromimate_lisboa_jardin_ang·l_delapuente_tonyson_0014
No Bar Jardín, en Viloira servindo o caldo a un cliente

Gastromímate, agarimo polos produtos de tempada para mostrar amor ao comercio local