sábado. 14.06.2025

O Consello Regulador da DO celebra hoxe as eleccións para escoller os seus vogais

portada

Este domingo, día 9 de xullo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras cebra eleccións para escoller aos distintos vogais da entidade.

Son un total de catro consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego os que celebran eleccións ao longo do día de hoxe: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras e Agricultura Ecolóxica. O resto de consellos reguladores, ata os 21 nos que se desenvolven estes procesos, os distintos vogais xa foron proclamados, ben por tratarse de candidaturas únicas ou ben porque se asinaron pactos para a súa elección.

Os 180 vogais elixidos votarán á súa vez aos presidentes e vicepresidentes dos consellos en plenos constituíntes que se celebrarán antes de que remate este mes de xullo, para completar así o proceso electoral, segundo o establecido pola normativa que o regula. A relación de vogais proclamados por candidaturas únicas ou tras a formalización de pactos electorais pode consultarse na web da Consellería do Medio Rural.

En Valdeorras as votacións faranse efectivas unicamente para elixir os vogais do sector produtor e do grupo de adegas que non cualificaron no período de referencia (anos 2014, 2015 e 2016) máis de dúas terceiras partes da produción total das variedades preferentes. Por último, no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega), so será preciso votar para escoller vogais no censo de industrias cunha facturación anual de produtos controlados polo Craega igual ou inferior a 50.000 euros anuais.

Son oito as candidaturas presentadas susceptibles de voto por parte dos viticultores e bodegueros nas eleccións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras presidido por Francisco García.

O Consello Regulador da DO celebra hoxe as eleccións para escoller os seus vogais