
A Asociación Centro Comercial Aberto do Barco continúa co seu obxectivo de dinamizar o comercio na comarca. A maiores, intentan colaborar con todos os sectores asociados, «esta é unha iniciativa que tomamos esta nova xunta directiva», asegura o presidente, Jacobo Arias.
Nesta ocasión é a quenda dos salóns de peiteado e centros de estética. Na anterior edición tomárase a decisión de sortear solo dous vales, agora multiplicáronse por dous. Os establecementos participantes son: Alba Dobao; Ana de la Puente; Bico; Hair Salón Susana López; Peluquería Dalia; Peluquería Estudio R; Peluquería Glamour; Peluquería Nilo.
«A intención é que non se repitan os centros», explica. Os interesados poderán participar dende este pasado 7 de outubro até o 21. É necesario cubrir o nome e número de teléfono no ticket de compra e depositalo na urna da centro de beleza correspondente.
E ao ser outubro é preciso falar de magosto e da locomotora, «xa é case como da familia», comenta entre risas Jacobo. Como en outras ocasións, é preciso intercambiar os billetes de compra dos establecementos asociados por cornetes de castañas asadas.
Poderase acudir o venres 18 de outubro de 10:30 a 13:30. Tamén será posible acudir en horario de tarde entre as 18:30 e as 20:30. O sábado haberá outra oportunidade de 10:30 a 13:30.
A asemblea anual da asociación
Como cada ano o CCA do Barco realiza unha asemblea anual para informar a todos os socios das contas e actividades que se fixeron. A reunión facíase por primeira vez na oficina do viveiro de empresas.
«Estivemos explicando todas as campañas». A primeira delas foi a colaboración da Ruta de Pinchos en xaneiro e finalizouse coa Campaña de Nadal. «Facemos unhas 16 ou 18 actividades», matiza o presidente. Sumado a isto, Jacobo recorda que dende que está esta nova xunta directiva, rondan os 100 socios.
A maiores, tratáronse os propósitos do ano que entra. Pedindo así a colaboración aos socios e consumidores para ideas ou cambios que sexa posible facer. Por este motivo, Jacobo pedía que «se comuniquen con nós».
«Tamén vivimos un momento moi emotivo». O presidente refírese a homenaxe que se lle fixo a Manoli, de Librería Murciego, pola súa xubilación. El defínea como «unha muller incrible e por ela seguiría traballando».
Si desexa escoitar a entrevista completa con Jacobo Arias pode facelo aquí: