
O Centro Comercial Aberto de O Barco organiza un novo sorteo con motivo do Día do Pai, no que regalarán 2 estancias para coñecer o entorno natural do concello de A Veiga. O agasallo incluirá aloxamento, comida, ruta guiada polos ceos de Trevinca Starlight e ruta en 4x4 lagoas glaciais e Bidueira de Xares. "El motivo de A Veiga no es otro que el interés mostrado por muchos asistentes en conocer este entorno paisajístico, que ha logrado el certificado Starlight que lo avala también como destino turístico astronómico", explicaba Sandra Moldes, presidenta del CCA.
Para entrar no sorteo será necesario cubrir unhas tarxetas que se entregarán coas compras realizadas en calquera dos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto entre os días 10 e 19 de marzo. Todos os establecementos asociados dispoñerán dun cartel anunciando a campaña e o sorteo.
O gañador do sorteo poderá gozar de dúas estancias consistentes de unha noite en una habitación doble en suit con cama supletoria para tres persoas -dos adultos y un niño- en réxime de pensión completa. Ademais, os afortunados ou afortunadas, poderán realizar dúas actividades relacionadas coa paisaxe natural de A Veiga. Unha delas estará dedicada aos ceos de Trevinca, destino Starlight, e a outra será unha ruta polas lagoas glaciais e a Bidueira de Xares.
As bases do concurso poderán ser consultadas na oficina do CCA e tamén nesta web. O sorteo realizarase o vindeiro día 23 de marzo e o gañador farase público ese mesmo día.