jueves. 19.06.2025

Obarcoaberto Centro Comercial Celebra a súa primeira festa na Praza Maior

Jacobo Arias, presidente do CCA: «A idea xurdiu nunha reunión da directiva que tiñamos que facer algo cos socios que colaboran menos ao longo do ano»
Jacobo Arias, presidente de CCA O Barco
Jacobo Arias, presidente de CCA O Barco

Estamos en tempo de festas e verbenas e por isto Obarcoaberto Centro Comercial súmase á tendencia do verán organizando a súa propia. Esta directiva da asociación valdeorresa, vén apostando desde os eu comezo por darlle un pulo ao comercio local con novas iniciativas como a desta primeira festa.

Vaise celebrar o sábado 24 de agosto con música, robots luminosos e sorteo dunha viaxe. Todos os que mercaron nos comercios de Obarcoaberto durante os derradeiros dez días, entregáronlles unha rifa para entrar no sorteo dunha viaxe durante tres días ao lugar que queiran de España, iso si, en autocaravana.

Farase o sorteo en directo, «unha das condicions que puxemos que nos pareceu ben a toda a xunta directiva foi que o gañador ten que estar alí porque se non, non sabemos a quen lle toca. Hasta que non apareza o gañador seguiremos co sorteo», explicou Jacobo Arias, presidente do CCA —Obarcoaberto Centro Comercial—. 

«Fixemos 5000 rifas para 100 socios, e o que repartíronse máis rifas aos socios que menos colaboran con nos, sempre de maneira proporcional. Para que a xente puidera ir alí a collelas», indicou. «A viaxe é para unha persoa que lle toque e pode facela cando queira un día ou máis días», aclara.

cartel_ccaobarco

Ademais deste sorteo haberá unha charanga na Praza Maior do Barco, a Charanha CLK, e tamén robots de luces para animar, aínda máis se cabe, esta primeira festa de comerciantes, clientes, amigos e todos os que se queiran achegar.

A idea desta celebración xurdiu «nunha reunión da directiva que tiñamos que facer algo cos socios que colaboran menos ao longo do ano», aclarou Arias. Esta está pensada para aqueles que non son tan participativos.

somoscomarca_240306_obarco_cca
Esta é a nova directiva do CCA desde principios de ano

«As campañas son todas para dinamizar o comercio pero, temos socios que non desfilan na pasarela ou non participan na noite branca. Si que é certo que temos campañas que con calquera tiqcket de compra pódense participar na campaña», matizou.

O presidente contaba en Radio Valdeorras Onda Cero en que consistirá a festa: «Unha pequena charanga que anime a tarde e despois uns robots con iluminación e así animar a xente».

Se queres escoitar de novo a entrevista que Alicia Blanco lle realizou a Jacobo Arias en Radio Valdeorras Onda Cero, preme na seguinte ligazón:

 

Obarcoaberto Centro Comercial Celebra a súa primeira festa na Praza Maior