
Despois da cancelación das actividades de dinamización da campaña X Noite Branca debido a choiva, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco recupera as accións que terán lugar este venres 30 de xuño, en horario comercial de 17:30 a 20:30 horas, na praia fluvial do Malecón do Barco de Valdeorras.
O CCA O Barco instalará unha caixa máxica, un cubo de tres metros de alto por tres metros de ancho pechado e cheo de globos, con premios e agasallos. Os clientes poderán acceder ó interior cun tic¡cket de compra con data do 16 de xuño (cando se celebrou a Noite Branca) ou do 30 de xuño (cando terán lugar as ac.vidades da campaña) para elixir un globo¡que poderá ter o non premio.
Os premios consisten en agasallos doados polos establecementos asociados e en vales de compra doados pola propia asociación comercial.
A maiores e completamente de balde haberá un fotomatón, pintacaras infantil e maquillaxe para adultos no mesmo recinto, na praia fluvial do Barco de Valdeorras.
O CCA O Barco retomará tamén os premios a aqueles que veñan vestidos de branco, cunha prenda de roupa de cor branca, e presenten un ticket de compra con data do 16 ou do 30 de xuño*. Os clientes levaranse un vale por unha consumición gratuíta (importe máximo 2€) para gastar nos establecementos hostaleiros asociados.