
As bodegas da Denominación de Orixe Valdeorras D'Berna (Guitián y Blanco S.C.) e Godeval (Bodegas Godeval S.L.) veñen de recibir en Cambados o Acio de Ouro ao Tinto e o Acio de Ouro ao Branco de Valdeorras, respectivamente, da XXIX Cata de Viños de Galicia.
É a Consellería do Medio rural quen, para premiar a excelencia dos viños e augardentes de gran calidade e recoñecido prestixio en Galicia, concede anualmente as distincións que identifican os mellores produtos deste tipo da nosa terra.
O Acio de Ouro que recoñece ao mellor viño tinto de Galicia foille outorgado á Lagariza. Finca Millara, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O homólogo en branco foille concedido a Paco&Lola, da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Dende a Bodega Godeval, galardoada co Acio de Ouro ao viño branco de Valdeorras, a xerente, Araceli Fernández, dicía sentirse moi contenta, afirmando que "siempre es una satisfacción, una pequeña recompensa a todo el trabajo que hemos estado haciendo durante el año". En canto ao viño premiado, o godello, a xerente descríbeo como "un vino que no empalaga, produce una gran satisfacción cuando lo estás catando, pero se va al momento justo para que puedas seguir bebiendo". Agora, dende as Bodegas Godeval intentan potenciar tamén as súas augardentes e licores que eles mesmos producen: "nos gustaría que la gente las probase", insiste Araceli.
Por outra banda, dende D'Berna, galardoados co Acio de Ouro ao viño tinto de Valdeorras, aseguran que se levaron "una enorme alegría". Describen o seu tinto, feito coa uva mencía tan característica de Valdeorras como "un vino diferente. Nosotros estamos en las laderas de Córgomo, que es algo que no tienen los demás". Ademais, sinalan que "recibimos premios con una regularidad importante y eso nos motiva a esforzarnos más".