miércoles. 29.11.2023
somoscomarca_aeva_cca_2021-12-02
somoscomarca_aeva_cca_2021-12-02

ABANCA ven de asinar un acordo de colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras e co Centro Comercial Aberto O Barco co obxectivo de dar un novo impulso aos negocios de proximidade que se atopan nas zonas polas que discorre o Camiño de Santiago.

A rúbrica de ambos convenios tivo lugar esta mañá no Barco de Valdeorras por parte do director da oficina de ABANCA en Rubiá, Esteban Álvarez de la Mat Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández del Palacio, e do presidente do Centro Comercial Aberto O Barco, Jacobo Arias Fernandez.

A través destes dous acordos, os empresarios adheridos terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que destaca un plan de financiamento creado por ABANCA e ambas entidades para dar resposta ás necesidades do colectivo. Tamén se reflicte un plan de financiamento específico para instalacións de eficiencia enerxética.

As empresas asociadas poderán beneficiarse de condicións vantaxosas para a rehabilitación e adecuación dos inmobles dos seus negocios que se atopen no casco histórico situado no trazado do Camiño de Santiago. Este acordo coas dúas entidades enmárcase dentro das accións postas en marcha por ABANCA como un dos principais Xacobeo 21-22, entre as que destaca unha liña de apoio económico entre as que destaca unha liña de apoio económico para o comercio local de ata 500 millóns de euros

ABANCA e as empresas de Valdeorras colaboran para impulsar o comercio local no Camiño