martes. 28.11.2023
fachada principal Casa Grande de Viloira
A Xunta celebra no Barco un curso de prevención de riscos laborais

A Xunta inicia unha programación de cursos de formación en prevención de riscos laborais no sector forestal que se estenderá nas vindeiras semanas aos concellos de Narón e Brión, na provincia da Coruña; O Vicedo, Mondoñedo e Lugo, na lucense; ao Barco de Valdeorras, en Ourense; e a Oia, en Pontevedra.

Trátase de unha formación eminentemente práctica con 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas e dirixida especificamente a alumnas e alumnos de Formación Profesional. Nas diferentes sesións farase uso de ferramentas e aplicacións das que xa dispón o Issga, por exemplo a App Alertas Issga, co propósito de influír de xeito positivo no comportamento das persoas durante o manexo de ferramentas e quipos de traballo empregados no sector forestal.

A programación continuará nas vindeiras semanas, aínda que os cursos centraranse no uso seguro da motoserra e a rozadoira.

Esta actuación enmárcase no Plan formativo que o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral desenvolve cada ano para incidir na importancia da prevención de riscos laborais nos sectores produtivos con máis peso en Galicia.

A Xunta celebra no Barco un curso de prevención de riscos laborais