O ano de Florencio da inicio cun roteiro guiado por Córgomo
Este domingo, 6 de febreiro, aproveitando que esta semana foron as Candeas, a festividade de inverno de Córgomo, estrease un roteiro deseñado para coñecer mellor a aldea que tanto inspirou a Florencio.
Co nome de «Ruada con Florencio polas Candeas», a visita estará guiada por Fernando Santalla, un veciño e familiar do autor, quen axudará a mirar cos ollos do Florencio máis mozo, descubríndo episodios históricos e outros persoeiros dá aldea.
O roteiro partirá ás 16.30 na Praza dá Casa do Pobo de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, e dará comezo ás actividades deste ano tan especial.
«Temos ganas de ter contacto xa coa xente e o domingo haberá algunha sorpresa. Fernando Santalla, a persoa que deseñou os roteiros, ten moitas cousas que presentar e imos aprender unha chea de cousas», aseguraba Débora Álvarez ao lembrar que «o primeiro roteiro non podía ser doutra maneira que en Córgomo, os primeiros anos onde viviu o autor».
A coordinadora do proxecto As Letras de Florencio aseguraba que «os máis novos sempre foron uns destinatarios que sempre quixemos coidar con especial mimo e coidado, xa que se a eles non lles gusta as actividades culturais ou as actividades de poesía, as actividades de Florencio terán un fin».
Tamén se está traballando cos centros escolares da comarca para organizar unha celebración para a comunidade educativa no mes de maio. «Están a traballar unha chea e están a poñer en marcha moitas ideas e actividades» destacaba Álvarez.