viernes. 30.09.2022

As festas deste ano terán varias novedades relacionadas cas probas deportivas

Chegan as Festas do Cristo e xunto a cultura e os actos litúrxicos tamén regresa o deporte, que nas festas e un dos protagonistas.

Así o confirmou o concelleiro de Deportes do Concello do Barco, Aurentino Alonso: "É un programa bastante amplio, en 3 días concentránse un montón de ofertas deportivas".

O venres 13 de setembro comenzará o programa co II Campeonato de Petanca das Festas do Cristo na pista de O Chao, o 14, día grande das festas a partir dás 8 da mañá celebraráse o tradicional madrugón as veiras do Río Sil, nun tramo no que os participantes baixarán dende a altura da Rúa Real ata o muelle do Paseo do Malecón.

Xa de tarde ese mesmo día celebraráse o LIII Descenso do Sil -organizado polo Club Fluvial O Barco- dende Sobradelo ata o Malecón, nesta edición haberá unha novedade xa que ás 16:30 horas -hora e media antes do descenso- daráse a saída do I Descenso Turístico do Sil: "Preténdese que as embarcacións lúdicas de alquiler que andan polo río cando celébrase a competición, imos a reunilas en Sobradelo, darlle unha salida e se coloquen nunha zona oportuna para ver o descenso. É para controlar unha actividade que está comezando a ser masiva e tamén darémoslle uns premios aos participantes xunto cuns sorteos". Respecto a esta actividade o tren para o público subirá a Sobradelo ás 17:30 baixando ás 18:15 horas.

A última proba deportiva do sábado será o encontro entre o Pizarras los Tres Cuñados e o Ribeira de Piquín.

O domingo para pechar o programa deportivo destas festas, de mañá disputaráse unha proba da Copa Deputación de Orientación organizada polo Club Peña Trevinca O Barco, o I Descenso do Baixo Sil -so para deportistas federados- e de tarde xa celebraráse a Milla Urbana organizada polo Club Adas a partir dás 18 horas e o partido entre o CD Barco e a UD Somozas.

Se queres escoitar a Aurentino Alonso concelleiro de Deportes do Concello do Barco podes facelo na seguinte ligazón:

As Festas do Cristo contarán cun amplio programa deportivo