
Inmersos en campaña electoral todos veñen, falan do seu e marchan. Nesta parece que o tren é o tema de moda.
Atrás queda a A-76, a N-120 o enlace ca 120 na Rúa. Ano tras ano, eleccións tras eleccións, e xa van una morea, as comunicación en Valdeorras saen de paseo a hora de falar nos mitins dos partidos, pero as solución quedan polo camiño, sen chegar ao destino.

Cando se vai ao especialista —dá igual que sexa público ou privado— e es maior ou valo acompañando chegas media hora antes, polo menos. Pero cando saes da consulta sexas maior ou novo, falo polo menos media hora máis tarde e non é porque se paren en atenderte, non é porque nunca entrar ao seu tempo.
Pois ben, cando vas coller o tren, desde hai moito tempo pasa o mesmo, chegas moito antes e saes, ou non, cunha hora de retraso a lo menos.
Son numerosas as denuncias que chegan a Somos Comarca de persoas que non chegan a tempo á consulta porque o tren que tiña que saír ás 7.59 faio as 8.05; ou os que tendo o horario de partida as 17.20 fano ás 19.50 e á hora de coller o enlace con outro non poden facelo.
Nestes tempos de permanente campaña electoral chega o político de turno, éncheselle a boca pero logo a realidade é que as promesas van ao caixón durante catro anos, o mellor sácanse antes si se adiantan as eleccións, claro está.
En Valdeorras queremos tren! Un tren que chegue á hora, que nos comunique co resto de Galicia e do territorio nacional, que teña as frecuencias axeitadas e no que se poida viaxar a un prezo xusto.
Tamén queremos volver a coller o Catalán para chegar a Barcelona á mañá mentres durmimos no coche cama ou sacar o billete na ventanilla porque os nosos maiores que son quen o usan máis frecuentemente non saben de máquinas, nin de internet. Ata se bota de menos a «Unidad» que te deixaba aparcado en calquera apeadero para que pasase un tren de mercancias ou calquer outro, pero volvía arrancar e chegaba onde te tiña que levar.
O tren usa enerxía limpa, é cómodo e sobre como transporte público que é, é necesario para ás persoas que non teñen outro xeito de viaxar.
Os valdeorreses queremos un tren digno e que nos leve ao noso destino.