Un verán intenso no cultural chegou ao seu fin na Rúa co concerto colectivo, "Ó son da estación". Este sábado 31 de agosto o municipio acolleu a actuación de seis artistas como broche de ouro á tempada estival, nunha iniciativa promovida por Turismo de Galicia en colaboración co Concello rués.
O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, estivo presente neste concerto que tivo que ser interrompido por mor da tormenta.
A praza de Estación foi o escenario, a partir das 19.30 horas, en primeiro lugar, de Magín Blanco e A Banda das Apertas, cunha actuación para público infantil e familiar. Colleo o relevo Abertal, «a modo de concerto de inicio de curso», que foron sorprendidos por un forte chaparrón que obrigaba a poñerse a cuberto a todo o público asistente.
Despois chegaron «os dous grandes atractivos para a xente máis adolescente e adulta»: The Rapants, que tivo que retrasar máis dunha hora a súa actuación por problemas no escenario debido a chuvia. A Señora Dj, que adiantou a súa quenda, foi a encargada de acompañar ao públido ata que se arranxarou o contratempo e Grande Amore pechou o festival.