
Esta reunión final terá lugar mañá, 23 de febreiro, no salón de actos da Casa Grande de Viloira ás 17:00. Recordemos que este proxecto centrábase en afondar no vínculo co Río Sil.
«Facemos a presentación como global do proxecto dos resultados obtidos. Houbo un período de reflexión dos materiais resultantes e, tamén, desta difusión final. Por outra banda, está pensado como un punto de encontro para todas as persoas participantes», asegura Tania Sánchez, socia-traballadora da Cooperativa de Outonía.
«A xornada condensase dende as 17:00 ata as 19:00, isto último depende moito do tempo». Na segunda fase da tarde, intentarase facer un audiopaseo que «xurde despois de moitos encontros co tecido asociativo local e, especialmente, con catro mulleres de Viloira que lle dan corpo e voz», asegura Sánchez. As persoas as que se refire son Mari, Conchi, Elena e Loli, encargadas de transmitir unha Viloira e un Barco que xa non son, pero dalgún xeito seguen residindo na memoria colectiva.
No caso de que non sexa posible levalo a cabo, «xa está en aberto e poderíase transitar de xeito libre en calquera outro momento». Dende o propio Concello do Barco, «tamén colgaron, nas súas redes, o audiopaseo co QR que se pode escanear».
A idea que se ten, de maneira inicial, é transmitir «como foi esta vivencia, xa que era unha primeira aproximación creativa e unha metodoloxía bastante innovadora na comarca». De feito, tamén queren que «esta sexa unha escusa para seguir xerando espazos de encontro dentro do rural».
Concello do Bolo
A visita ao Concello do Bolo sería para outro proxecto. «Temos pendentes de cara o 8M a creación de cartografías téxtiles, seguindo co fío dos mapas e dos diálogos a partir da creación con mulleres», asegura a socia-traballadora de Outonía.
Se queres saber máis sobre estes proxectos, solo debes escoitar a entrevista con Tania Sánchez: