O lume comezaba a arder a última hora da tarde coa chuvia ameazando a noite de festa pero ao final San Xoán celebrouse con sardiñas e panceta asada nas brasas.
No concello do Barco Viloira e Éntoma sumáronse a noite máxica con moita animación. En Viloira, pasadas ás oito e media da tarde (houbo que agardar a que escampara un pouco) na praza Otero Pedrayo concentrábanse nenos e maiores para correr e andar na carreira e andaina organizada polo Concello do Barco. Había máis de 300 inscritos segundo confirmou a técnico de deportes , Kissy Torres a este medio, pero o frío e a chuvia fixo que moitos desistiran.

Ao remate da carreira agasallos para os participantes e tamén un bocadillo de panceta para repoñer as forzas perdidas. Xa a partires das 21.00 a orquestra Cubo amenizou a noite. Os bares da praza asaron as sardiñas que se comeron baixo as sombrillas por mor da auga.

Éntoma, outra das localidades do Barco celebrou o San Xoán con sopa verde, sardiñas e música ao son da musica dunha discoteca móbil.

San Xoán de Río celebrou a festa do patrón cunha «gran pancetada» na area recreativa da Veiga con fogata e queimada. Os DJs Melón e Getxo puxeron a música. O pregoeiro deste 2022, José Álvarez Vázquez recibiu unha placa en madeira de recordo do San Xoán. Recoradar que hoxe haberá procesión na honra do santo ás 13:30 horas de mañá a gran Pili Pampín amenizará a verbena.

En Vilamartín a asociación de coveiros asou as sardiñas na praza de José Luís Núñez, que se repartiron entre todos os presentes.

Viana comezou a celebración pasadas as 9 da noite no Campo da Feira, onde a chuvia fixo que a empanada e sardiñas se comeran a bo recado. A charanga Alegría amenizou a festa. «Un éxit. Participaron máis de 500 persoas e pasámolo moi ben a pena, o tempo», aseguran desde a asociación de mulleres rurarais que se encargaron de organizar o evento.
Vídeo da queimada que se fixo en Viana para escorrentar os malos espíritus.
Vilariño de Conso cancelou a camiñada á Poza da Moura, por mor do tempo pero o que si se celebrou foi a cea nos arredores do albergue. Sardiñas, churrascada e bica regada co viño fixeron entrar en calor a noite máis máxica do ano.