jueves. 28.03.2024
somoscomarca_aguasbravas_entregapremios_pasarela_patitos_20232023606 (60)

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco, e Valdeorras non é unha excepción, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. A precipitación media acumulada foi de 71 l/m2, un 44% inferior ao valor climático normal neste mes.

O mes de abril caracterizouse pola chegada bastante continua de masas de aire cálido procedentes do sur, que deixaron unhas temperaturas medias moi elevadas para este mes, particularmente, no caso das máximas no interior. En canto ás chuvias, houbo un déficit con respecto ao que sería normal en abril, pero non demasiado acusado, xa que a mediados do mes tivemos una situación de chegada de río atmosférico que aportou cantidades apreciables de chuvia.

Vídeo da chuvia caída o 21 de abril no Malecón do Barco de Valdeorras:

 

Deste xeito, a anomalía media da temperatura para este mes de abril en Galicia, obtida a partir dos datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de 2,4 graos, o que o que supón que fose o abril máis cálido desde 2011.

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 19,2 graos, rexistrándose os valores máis altos nas localidades limítrofes co Miño, na provincia de Ourense, onde se se chegou ata os 25,1 grados. Pola contra, os valores máis baixos déronse no macizo de Manzaneda e Pena Trevinca, onde roldaron os 11 graos. No caso das temperaturas mínimas, a media foi de 7,2 graos. Os valores máis baixos rexistráronse na Limia —1 grao— e os máis altos no Morrazo —13,2 graos—.

somoscomarca_agua_calor_fuente_malecon_oladecalor_sol_2022 (4)

No que atinxe ás precipitacións, en xeral, quedaron por debaixo da media climática de abril, aínda que a anomalía non é tan importante como no caso das temperaturas. Non houbo moitos episodios de chuvia, pero algúns dos rexistrados a mediados de mes foron bastante activos e permitiron acumulacións significativas.

somoscomarca_meteorologia_nubesyclaros_2022 (2)

A precipitación media acumulada foi de 71 l/m2, un 44% inferior ao valor climático normal, o que fai que este mes poida considerarse moi seco. Cómpre salientar que a distribución das porcentaxes de precipitación foi moi irregular en todo o territorio galego, presentando zonas secas e outras lixeiramente húmidas ou próximas á normalidade. Así, os valores máis altos rexistráronse nas comarcas do Sar e do Xallas, onde se acadaron localmente os 196 l/m2; e os máis baixos, en Valdeorras —8 l/m2—.

somoscomarca_lluvia_paraguas_nubes_nubarrones

Mes de abril moi cálido e seco