sábado. 07.06.2025

A "Mázcara" e o "Boteiro" chegan a Real Academia Galega

Este é un paso máis para contribuír no coñecemento da cultura do Entroido da zona de Valdeorras

O Entroido da zona de Valdeorras segue abrindo portas e, nesta ocasión, a última actualización da Real Academia Galega (RAG) acolle tres palabras moi significativas para esta tradición. En concreto, engadiuse: Boteiro, Mázcara e fariñada. 

Mázcara: Personaxe do Entroido, propio das terras de Manzaneda, de traxe colorido e vistoso pucho, cuxo cometido é bailar ao son do folión.

Aínda que este sexa un gran paso, existe todo un proceso arduo detrás de esta vestimenta de case 1 hora. Así que, coñezamos como é "O proceso dunha Mázcara para brillar no Entroido". 

Adrián Garrido leva xa 10 anos sendo mázcara, todo comezou por un amigo e, ao final, remato facéndose o seu propio traxe. Na súa familia non é o único que baila entre os seus compañeiros de fulión, a súa irmá tamén o acompaña moitas veces. Esta indumentaria vai capa a capa, mantón a mantón. 

O primeiro que hai que facer —e o único solo—, é polas "leguis" —antes eran botas militares—. Despois de estar calzado, comeza a maxia das mans de Emma e de Pilar. A primeira delas dúas leva xa 10 anos vestindo mázcaras, de feito, unha tía de Adrián foi a encargada de ensinarlle. O primeiro é colocar o mantón negro para que agarrar con forza o pantalón. Isto non queda aquí, entón ¿queres coñecer o proceso completo?

Boteiro: Personaxe do Entroido, orixinario de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, de traxe colorido e actitude brava, cuxo cometido é acompañar e abrirlles paso aos folións.

Impoñen, moitas veces ata dan algún que outro susto, pero son unha das figuras que máis recoñecidas desta tradicional festa. Como vive un boteiro este día? A preparación previa é fundamenta, deben ter todo arranxado e feito para o gran día. Cando chega o momento de desfilar, as feridas, en moitas ocasións, acaban sendo visible —sobre todo na cara—. 

somoscomarca_240211_vianadobolo_entroido (58)

Fariñada: Broma do Entroido que consiste en botarlle fariña na cara a unha persoa.

Vivir esta festividade non solo está nos desfiles, tamén neses días previos (cando se comeza a quentar motores). Encher un peto e ir botando fariña é algo que se leva por tradición en moitos dos municipios da zona. 

Un exemplo pode ser o Día de Comadres ou de Compadres, as rúas rematan sendo brancas de tanta fariña que se tira a xente para poder seguir mantendo viva a cultura que rodea esta festividade tan especial para moitas persoas. 

A "Mázcara" e o "Boteiro" chegan a Real Academia Galega