"A maxia comeza aquí" presentación do Entroido de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo
O Entroido volve ser tema central neste mes tan importante para a tradición. Neste caso, o Centro de Día de Manzaneda era o escenario elixido para a presentación de "A maxia comeza aquí".
O acto contaba coa presenza de Amable Fernández, alcalde de Manzaneda; Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso; Marcos Martínez, concelleiro de Cultura de Viana do Bolo; Cecilio Santalice, xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense. Cada un dos alcaldes estaban acompañados do seu respectivo Boteiro ou Mázcara —no caso de Manzaneda—.
Amable Fernández era o encargado de abrir esta xornada de presentación. «Parécenos que é moi interesante e importante que os tres concellos vaiamos da man», aseguraba o alcalde de Manzaneda. Tamén aproveitou o momento para dicir que teñen máis similitudes que diferenzas no tema do Entroido.
Con estes encontros o que se pretende e que «sega sendo enxebre, xa que levamos décadas sustentando», contaba. Intentando así que siga sendo tradicional e neutro posible, para non perder esa esencia característica destas festividades. A celebración en Manzaneda será o martes 13, «aínda que se poden vir as rondas que facemos pola semana, verán o fulión o 100 %».
Desde o Concello de Viana, Marcos Martínez, asegura que é «un pracer e un orgullo estar unidos con Manzaneda e Vilariño para seguir coa tradición do que é o Entroido de Galicia». Dende Viana comezan mañá co xoves de comprades e a partir de aí será un non parar. «Temos a Festa da Androlla, que é a nosa festa principal, con sacar as entradas un día e xa se nos rematan. Isto é un orgullo para toda a zona», dicía o concelleiro de Martínez.
Melisa Macía aproveitaba a súa intervención para por en valor tanto o Entroido das tres zonas como o seu propio. Nesta ocasión a celebración será o 10 de febreiro e poderase gozar da Festa do Cabrito. «Este é o camiño que debemos seguir si queremos facernos oír», explicaba a alcaldesa.
«O Entroido dende o punto de vista turístico é un reclamo. Tamén son un motor económico, non se comprende o turismo en Galicia sen esa corrente gastronómica e do viño», comentaba Santalice.
Ben de Interese Cultural
A alcaldesa de Vilariño aproveitaba o momento para recordar que «se comezaron a facer os trámites para ser considerados Ben de Interese Cultural». Moitas veces, «os Entroidos desvirtuasen, pero nos queremos seguir sendo do rural».
«Mantense o valor cultural, que é o que se quere recoñecer agora con este inicio de procedemento de Ben de Interese Cultural», explicaba Santalice, quen considera que se trata de «manter unhas tradicións».