sábado. 07.06.2025

"A maxia comeza aquí" presentación do Entroido de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo

A presentación tiña como escenario o Centro de Día de Manzaneda, baixo a supervisión de dous Boteiros e unha Mázcara
P_somoscomarca_240131_concellos_entroido
"A maxia comeza aquí" presentación do Entroido de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo

O Entroido volve ser tema central neste mes tan importante para a tradición. Neste caso, o Centro de Día de Manzaneda era o escenario elixido para a presentación de "A maxia comeza aquí". 

O acto contaba coa presenza de Amable Fernández, alcalde de Manzaneda; Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso; Marcos Martínez, concelleiro de Cultura de Viana do Bolo; Cecilio Santalice, xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense. Cada un dos alcaldes estaban acompañados do seu respectivo Boteiro ou Mázcara —no caso de Manzaneda—.

somoscomarca_240131_entroido
Boterios e Mázacara

Amable Fernández era o encargado de abrir esta xornada de presentación. «Parécenos que é moi interesante e importante que os tres concellos vaiamos da man», aseguraba o alcalde de Manzaneda. Tamén aproveitou o momento para dicir que teñen máis similitudes que diferenzas no tema do Entroido. 

Con estes encontros o que se pretende e que «sega sendo enxebre, xa que levamos décadas sustentando», contaba. Intentando así que siga sendo tradicional e neutro posible, para non perder esa esencia característica destas festividades. A celebración en Manzaneda será o martes 13, «aínda que se poden vir as rondas que facemos pola semana, verán o fulión o 100 %».

Desde o Concello de Viana, Marcos Martínez, asegura que é «un pracer e un orgullo estar unidos con Manzaneda e Vilariño para seguir coa tradición do que é o Entroido de Galicia». Dende Viana comezan mañá co xoves de comprades e a partir de aí será un non parar. «Temos a Festa da Androlla, que é a nosa festa principal, con sacar as entradas un día e xa se nos rematan. Isto é un orgullo para toda a zona», dicía o concelleiro de Martínez.

Melisa Macía aproveitaba a súa intervención para por en valor tanto o Entroido das tres zonas como o seu propio. Nesta ocasión a celebración será o 10 de febreiro e poderase gozar da Festa do Cabrito. «Este é o camiño que debemos seguir si queremos facernos oír», explicaba a alcaldesa. 

«O Entroido dende o punto de vista turístico é un reclamo. Tamén son un motor económico, non se comprende o turismo en Galicia sen esa corrente gastronómica e do viño», comentaba Santalice. 

Ben de Interese Cultural

A alcaldesa de Vilariño aproveitaba o momento para recordar que «se comezaron a facer os trámites para ser considerados Ben de Interese Cultural». Moitas veces, «os Entroidos desvirtuasen, pero nos queremos seguir sendo do rural».  

«Mantense o valor cultural, que é o que se quere recoñecer agora con este inicio de procedemento de Ben de Interese Cultural», explicaba Santalice, quen considera que se trata de «manter unhas tradicións».

Presentación completa

"A maxia comeza aquí" presentación do Entroido de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana...