viernes. 20.06.2025

Galicia escoge como festivos propios para 2026 o Día de San Xosé, San Xoán e o Día Nacional de Galicia

Galicia mantén a súa tradición de celebrar o 25 de xullo como Día Nacional, tal e como se recolle no Decreto 8/1978 do 10 de xullo. Ademais, ao coincidir o Día das Letras Galegas (17 de maio) cun domingo, non se inclúe este ano como festivo substitutivo
somoscomarca_240623_entoma_sanxoan_sardiñada (16)
Galicia escoge como festivos propios para 2026 o Día de San Xosé, San Xoán e o Día Nacional de Galicia

A Xunta de Galicia publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) o calendario laboral para o ano 2026, no que se establecen como festivos autonómicos o 19 de marzo (San Xosé), o 24 de xuño (San Xoán) e o 25 de xullo (Día Nacional de Galicia). Estes días substitúen dous festivos nacionais que caen en domingo: o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 6 de decembro (Día da Constitución).

A normativa estatal recolle un total de 14 días festivos ao ano, dos cales 12 son de ámbito nacional —nove obrigatorios e tres opcionais— e dous escóllense a nivel municipal. En 2026, ao coincidir dous festivos obrigatorios en domingo, a Xunta opta por substituílos por datas con fonda tradición na comunidade.

Así, ademais dos festivos escollidos por cada concello, Galicia contará coas seguintes xornadas non laborais en 2026: o 1 de xaneiro (Aninovo), o 6 de xaneiro (Día de Reis), o 19 de marzo (San Xosé), o 2 e 3 de abril (Xoves e Venres Santo), o 1 de maio (Día do Traballo), o 24 de xuño (San Xoán), o 25 de xullo (Día Nacional de Galicia), o 15 de agosto (Asunción), o 12 de outubro (Festa Nacional de España), o 8 de decembro (Inmaculada) e o 25 de decembro (Nadal).

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración subliña que Galicia mantén a súa tradición de celebrar o 25 de xullo como Día Nacional, tal e como se recolle no Decreto 8/1978 do 10 de xullo. Ademais, ao coincidir o Día das Letras Galegas (17 de maio) cun domingo, non se inclúe este ano como festivo substitutivo.

Galicia escoge como festivos propios para 2026 o Día de San Xosé, San Xoán e o Día...