Pasadas as 9.00 horas deste sábado, 26 de agosto, daba comezo a cea popular na Portela de Portomourisco. Logrou xuntar preto de 180 persoas que, eso sí, todos acudiron moi abrigados porque era moito o frío que facía, pero as ganas de troula puideron co fresco reinante.

Esta cea está organizada pola Asociación A Rabiosa e os asistentes puideron degustar empanada de carne e bonito, costela asada con patacas, bica, viño e café. Despois de «encher o bandullo» e con algunha copa para quentar o corpo, música a cargo da discomóbil Apolo.

Hoxe domingo, 28 de agosto, continúa a festa cun pasarrúas do grupo Abertal, que dará paso a Misa Solemne e procesión. Ademais haberá un campionato de tute desde as 17.00 horas e música coa orquestra Royal Espectáculo e o Dj Poti.

O luns, 29 de agosto, a orquesta Saudade chega á Portela para facer bailar a todos os veciños. E o martes, como peche, a música chega de novo con discomóbil Apolo.
