domingo. 08.06.2025

A festa chegou a todos os recunchos de Valdeorras

Desde Fontei a Sobradelo, pasando por Valencia do Sil e O Barco, esta fin de semana Valdeorras énchese de festas.

De troula ou relixiosas todas teñen os seus seguidores e  se podes achégate ás que podas.

San Bernabé, en Valencia do Sil

Valencia do Sil foi a primeira en sumarse esta fin de semana a festa, O Folión Os Viticultores poñíanse en marcha cos seus bombos e aixadas pola zona das adegas de Valencia do Sil para facer a ronda. Logo viñan os cantos de taberna polas covas onde ademais de bailar, escoitar boa música e troular púidose comer tortilla, empanada ou entremeses.

Festas de San Berrnabé en Valencia do Sil (Vilamartín) (3)
Festas de San Berrnabé en Valencia do Sil, ronda do fulión

Hoxe Abertal fixo o pasarrúas e acompañou a San Bernabé na procesión, tamén acompañou na sesión vermú. Pola tarde  e noite actuación do Dúo Meritxell. Na festa da tarde sorteo dun xamón e concurso de baile individual e por parellas

San Antón, en Fontei

As do San Antonio de Padua, en Fontei comezaron cunha «gran pancetada popular» a que lle seguiu a verbena a cargo de DJ Poti. Hoxe, sábado, festa de tarde e noite a cargo da disco móbil Chocolate. O domingo tempo de actuación da Orquesta Pontevedra.

Pancetada Nas festas de San Antonio en Fontei (3)
Pancetada nas festas de San Antonio en Fontei

O luns día grande e festivo local na Rúa. Ás 12:30 horas, Misa Maior na honra a San Antón e pasarrúas coa charanga Nova Terras de Trives. Orquesta Saudade.

Festas do Casco Vello, no Barco

As oito da tarde abrían as casetas de comida e bebida e o acto estelar era o pregón a cargo do presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, un insigne veciño do Casco Vello ao que lle facía moita ilusión o encargo, como adiantou na entrevista que Itziar Marqués lle fixo en Onda Cero Valdeorras. A mala organización fixo que o pregón se solapase cun acto organizado no Concello e a persoa  que o tiña que presentar non aparecera polo lugar. Isto non foi todo cando o benquerido Aurelio se dispuxo a falar non funcionaba a megafonía e, tampouco apareceu ninguén da organización para solucionar o problema.

Festas do Casco Vello 2022
Festas do Casco Vello 2022

Coma é un home de recursos decidiu baixar a «area» pero nin así a falta de respecto dos presentes que só estaban para beber e comer e os que querían escoitar a historia dun barrio na voz dun dos seus veciños acabou por estragar o discurso de Trincado. Unha magoa!

A Feira do Porto da Barca, no Barco

A feira estará aberta de 17.00 a 21.00 horas, sábado e domingo poderá visitarse de 12 a 14 horas, pola mañá, e de 17 a 21horas pola tarde.

Produtos de artesanía e tradicionais, tamén obradoiros de coiro, pintura, madeira, barro e elaboración de queixos. Unha das actividades máis singular é cruzar en barca o río Sil entre Porto da Barca e Viloira.

Os visitantes que realicen compras nas casetas partiparán nun sorteo de 4 vales de 50 euros cada un, para gastar en etablecementos asociados ao Centro Comercial Aberto do Barco. Na feira contarase coa animación musical da charanga “Amanecer”, así como as actuacións de Guti Malabarista e o Mago Teto.

De San Antón e O Pai Eterno, no Concello de Carballeda.

Sobradelo celebraba esta mañá a misa e procesión de  San Antonio, mentres que mañá será a quenda de Lardeira onde o Pai Eterno é o protagonista.

Procesión de San Antonio de Padua en Sobradelo Viejo (2)
Procesión de San Antonio de Padua en Sobradelo Vello

A festa chegou a todos os recunchos de Valdeorras