
O numeroso público asistente ao concerto do venres, 11 de agosto, no Paseo do Malecón, de Nastasia zürcher quedou abraiado co elegante espectáculo musical e voz desta vocalista e cantautora galego-suíza, que fixo un compendio de temas propios cantados en catro linguas (inglés, galego, francés e castelán). A temperatura tan agradable e o espectáculo tan marabilloso axudaron a que os alí presentes interactuaran coa artista.

Cabe destacar que Nastasia zürcher ven de ser galardoada como "Artista do Ano" nos Premios Martín Códax da Música 2022, nos que tamñen recibiu o galardón como mellor proxecto na categoría de "Blus, Funk e Soul". Nesta ocasión presentou un formato acústico a dúo, voz e piano, acompañada polo seu productor e arranxista Adrián Saavedra.

Recordar que el ciclo Terrasón continuará a sua andaina o próximo venres, 18 de agosto, ás 22:30 horas, nas Pistas deportivas do Malecón con Doc Magoo´s e o sábado 19 de agosto, ás 22:30 h, na Plaza das escolas de Éntoma - Mazu