lunes. 27.05.2024
somoscomarca_240514_cca_letrasgalegas21
O CCA e os centros educativos barquenses lanzan unha campaña para festexar as Letras Galegas

Un ano máis, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos do municipio na organización da campaña do Día das Letras Galegas de Luisa Villalta.

Nesta ocasión participan: CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo, Colexio Plurilingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo, IES Martaguisela do Barco e o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá.

Este 14 de maio repartirán os carteis polos distintos establecementos participantes na campaña. Estarán colocados ata o día 31. No caso do sorteo, esperarán ata «o día seguinte para ter todos os selos», explica Jacobo Arias, presidente do CCA.

«Favorecemos o noso alumnado versos da escritora para que achegaran unha foto inspirándose neles», explica a profesora de Dinamización da Lingua do Lauro Olmo. Estas imaxes serán as que se exporán nos escaparates dos comercios. 

A maiores, farase unha «xincana aberta a toda a cidadanía. As tendas terán uns folletos nos que aparecerán versos de cada unha das fotografías e deberán asocialas», engade a docente do Lauro Olmo. Deste modo, recibirán un selo correspondente e unha vez que se teñen todos os ocos cubertos realizarase o sorteo. O CCA premiará tamén o autor da ilustración de cada centro escolar. 

Como cada ano, haberá un premio para cada colexio e, por outra banda, estará o individual «que é o que se anuncia aquí», asegura Arias. 

Nesta nova edición da campaña, para que os «rapaces non teñan que ir ata a nosa oficina, ao repartir todos os carteis nos negocios vamos informar de que si un neno ten o cartel selado pódeno deixar alí e nos vamos recollelo», engade. 

Para rematar, Jacobo Arias, quixo dar as grazas a todas as persoas que fan posible esta campaña. «Esperemos que para o ano que vén non sexan 40 ou 50, que teñan obrigación de ir a todos os comercios», conclúe. 

O CCA e os centros educativos únense polo Día das Letras Galegas